Rebuldeira Teatro representará 'Os vellos non deben namorarse' en Samos

SarriaXa
A iniciativa, organizada pola Deputación de Lugo coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Artesáns e o Concello de Samos, terá lugar o vindeiro 20 de outubro
Os-vellos-non-deben-de-namorarse-Rebuldeira-Teatro
9 Oct 2024

A Asociación Rebuldeira Teatro levará a Samos a súa representación da obra ‘Os vellos non deben namorarse’ o vindeiro domingo, 20 de outubro.

Desta maneira, a actuación terá lugar ás 19.00 horas no lugar cuberto do campo da festa, onde poderá achegarse calquera persoa interesada en desfrutar deste espectáculo teatral do grupo sarriao.

A iniciativa de representar a comedia, dirixida a todos os públicos, está organizada polo Circuíto de Teatro Afeccionado da Área de Cultura da Deputación coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos e o propio Concello de Samos.

0.14592099189758