Rematan as obras de mellora da vía que conecta Castrelo con San Pedro en Paradela

O Concello de Paradela vén de finalizar as obras de acondicionamento e mellora da vía municipal que comunica as localidades de Castrelo e San Pedro, no municipio do Páramo, unha intervención destinada a mellorar as condicións de circulación e incrementar a seguridade para as persoas usuarias.
A actuación foi executada a través dos remanentes do Plan Deputación 2025 e contou cun investimento total de 9.553,71 euros.
Desde a administración local sinalan que este tipo de intervencións permiten avanzar na mellora das infraestruturas municipais e contribuír a facilitar os desprazamentos da veciñanza entre distintos núcleos do territorio.
O Concello destacou ademais que continúa desenvolvendo actuacións en diferentes puntos do municipio co obxectivo de reforzar os servizos e impulsar iniciativas que teñan unha repercusión directa na calidade de vida da poboación.