Remataron os actos polo Bicentenario do Concello de Paradela cun gran evento

SarriaXa
Remataron os actos polo Bicentenario do Concello de Paradela cun gran evento no que participaron diversas institucións
Paradela actos peche bicentenario
Paradela actos peche bicentenario
11 Mar 2023

O Concello de Paradela celebrou o Bicentenario con diversas iniciativas de interese, como exposicións, conferencias, concertos ou a colocación dunha escultura en homenaxe aos cabaleiros da Orde de Santiago, entre outras actividades.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou nos actos e felicitou á veciñanza polo seu traballo en memoria de Paradela e da súa historia e destacou que facer grande o sitio no que se naceu e onde viven os pais é “facer grande Galicia”.

Compromiso da Xunta con Paradela

Alfonso Rueda recoñeceu o desvelo dos habitantes de Paradela por recuperar o seu pasado -con iniciativas como a exposición Do tempo de luces-, reivindicar o seu presente -con actividades como A Paradela dos máis novos- e sementar o seu futuro.

O presidente da Xunta destacou a historia dun dos primeiros concellos galegos que acadou a oficialidade no século XIX e que foi escenario da creación na Idade Media da Orde dos Cabaleiros de Santiago, custodios do Camiño e dos peregrinos.

Segundo Rueda, “Paradela ten tamén futuro polas súas potencialidades no sector primario e no turismo”.

O Goberno galego garantiu a colaboración da Xunta con Paradela, especialmente nas liñas abertas para a atención dos maiores e para a favorecer a conciliación, pero tamén as iniciativas para reverter a tendencia demográfica e darlle vida ao rural.

0.16517901420593