Retrásase a recollida trimestral de enseres no Incio para a segunda quincena de xaneiro

SarriaXa
O Concello do Incio atrasa a recollida trimestral de enseres que tocaría realizar na primeira semana de xaneiro, para que se leve a cabo na semana do 15 ao 21 de xaneiro.
recollida limpeza O Incio
recollida limpeza O Incio
30 Nov 2023

O Concello do Incio atrasa a recollida trimestral de enseres que tocaría realizar na primeira semana de xaneiro, para que se leve a cabo na semana do 15 ao 21 de xaneiro.

Desta maneira, os veciños e veciñas das diferentes parroquias do Incio poderán deixar os seus enseres na semana do 8 ao 14 de xaneiro, coma sempre, ao carón dos contedores verdes.

Esta decisión tomouna o equipo de Goberno co fin de facilitar que os veciños e veciñas poida facer a limpeza todo o Nadal e así realizar unha limpeza máis exhaustiva e con máis tempo de cara ás festas nadaleñas.

0.16392803192139