Roberto Lolo, promotor do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, vén de anunciar o cuarto artista

SarriaXa
O mago dixo que lle fai "moitísima ilusión, presentar a este artista porque estivo os primeiros anos do Festival e axudou moito a que crecese"
Mariano-Goñi
Mariano-Goñi
20 Xuño 2024

Roberto Lolo, o mago sarriao promotor do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, vén de anunciar o cuarto artista convidado para o evento que se desenvolverá os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto.

Así, dixo que lle fai "moitísima ilusión, presentar a este artista porque estivo os primeiros anos do Festival e axudou moito a que crecese, superando dificultades. Despois de moitos anos, volve tras coincidir co en Madrid, charlar e decidir que tiña que estar de novo, porque é parte da familia do Festival e, ademais, é unha das mentes máis brillantes e creativas, na arte da maxia descomunal", explica Lolo.

Así, este artista será o ilusionista arxentino Mariano Goñi, un dos creadores máis prolíficos da escena máxica en España, xa que combina centos de efectos e técnicas diferentes nos seus espectáculos.

0.16647887229919