Roberto Lolo, Román García e Samuel Moreno tamén formarán parte do Internacional de Maxia
SarriaXa
Con estes tres novos artistas confirmados, chegan a 17 os magos que estarán no Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria que se desenvolverá en agosto
6 Jul 2024
O organizador do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, que terá lugar os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto, anuncia tres novos artistas que estarán presentes no evento.
O primeiro é Román García, que Roberto Lolo presenta como o seu "mestre, mentor e amigo", xa que leva 19 anos consecutivos acudindo ao festival.
Por outra banda, tamén estará no festival Samuel Moreno, ao que presenta como "alumno", xa que lle dá "moita caña para que traballe duro, sexa humilde, boa persoa e honesto, facendo maxia con cariño", explica.
E, finalmente, tamén estará no festival o propio Roberto Lolo, organizador do evento, co fin de coordinar, improvisar, e todo o que faga falta.