A primeira etapa do Gran Camiño que remataba en Sarria tivo que suspenderse por neve

SarriaXa
A primeira etapa do Gran Camiño que remataba en Sarria tivo que suspenderse por neve a 18 km da meta, en Samos
O Gran Camiño Sarria
O Gran Camiño Sarria
24 Feb 2023

A primeira etapa do Gran Camiño, que saíu desde Lugo cara a Sarria, non tivo o final que se esperaba debido a unha gran nevarada que colleu aos ciclistas en Samos, a 18 quilómetros de Sarria.

Así, as adversidades metereolóxicas impediron que os ciclistas fixeran o seu último sprint ata a meta, en Sarria. Porén, os veciños do municipio puideron desfrutar dun paso do pelotón nas rúas sarriás antes de suspenderse a etapa.

Nas redes sociais do evento, declararon que o día foi "durísimo para todos" ao non poder rematar a etapa e que na segunda etapa, que ten lugar hoxe, non haberá nin maillot amarelo nin branco.

0.16918301582336