Rosalía de Castro é o nome elixido para a biblioteca do Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela

SarriaXa
O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila púxolle nome á biblioteca despois do impacto que causou o pasado curso a escritora compostelá Rosalía de Castro, polo que os nenos e nenas, a través dunha votación, bautizaron o espazo como 'A biblioteca de Rosalía'.
Biblioteca Triacastela
27 Sep 2023

O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila púxolle nome á biblioteca despois do impacto que causou o pasado curso a escritora compostelá Rosalía de Castro, polo que os nenos e nenas, a través dunha votación, bautizaron o espazo como 'A biblioteca de Rosalía'.

Esta será chave para o desenvolvemento do proxecto deste curso: 'O teu pasado, o meu presente', pero tamén do Club de Lectura Interxeracional dos venres, polo que a biblioteca será un espazo decisivo para o traballo das diferentes áreas.

Desta maneira, os usuarios do Club de Lectura poderán participar das actividades dunha biblioteca cun nome que representa ás persoas que defenden a lingua e cultura de Triacastela.

⚙ Configurar cookies
0.22623300552368