Sae a licitación o comedor e a conciliación da Escola Infantil de Sarria

SarriaXa
O Concello vén de sacar a licitación a prestación deses servizos, así como a conciliación do CEIP Frei Luis de Granada, en 48.000 euros
escola infantil sarria
1 Mar 2021

O Concello de Sarria vén de sacar a licitación o servizo de comedor da Escola de Educación Infantil, así como as actividades de conciliación deste centro e do CEIP Frei Luis de Granada. O importe total do contrato rolda os 28.000 euros.

As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro día 12 para presentar as súas ofertas. Deberán prestar os servizos incluídos no contrato ata o fin deste curso académico, o vindeiro 22 de xuño.

O Concello de Sarria valorará, á hora de adxudicar estas prestacións, aspectos como a realización de probas para a detección da covid aos traballadores ou mesmo o compromiso de organizar unha festa de fin de curso. Ademais, terá en conta que os monitores teñan realizado cursos de habilidades sociais e de control de emocións en nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

0.16196203231812