Samos acolle o II Campionato de Tute de San Xoán de Lóuzara

SarriaXa
Os vindeiros 29 e 30 de marzo organízase o II Campionato de Tute de San Xoan de Lóuzara, en Samos, concretamente na Parrillada Paredes de Lóuzara.
22 Mar 2024

Os vindeiros 29 e 30 de marzo organízase o II Campionato de Tute de San Xoan de Lóuzara, en Samos, concretamente na Parrillada Paredes de Lóuzara.

As parellas interesadas en participar deberán inscribirse no número de Paredes, no 659 837 499 ou no de Patricia, no 680 124 201 e pagar unha inscrición de 20 euros.

Os premios consistirán en trofeos e agasallos en forma de gastronomía. Así, o primeiro equipo gañador recibirá un trofeo e un cabrito, o segundo un trofeo e un cordeiro, o terceiro un trofeo e unha botella de whisky e o cuarto un trofeo e botellas de viño.

Ademais do campionato por parellas, as persoas participantes e acompañantes poderán desfrutar da gastronomía galega grazas ao servizo de pulpería co que se contará.

0.16006398200989