Samos acollerá un concerto medieval dentro do ciclo “Lugo, de Trovas e Cantigas”

SarriaXa
O grupo Manseliña actuará o sábado 23 de maio na Igrexa do Mosteiro de Samos nun recital organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Artesanía e Deseño
concerto-medieval
21 May 2026

A Igrexa do Mosteiro de Samos acollerá o vindeiro sábado, 23 de maio, un concerto de música medieval incluído no III Ciclo de Concertos Medievais “Lugo, de Trovas e Cantigas”, unha iniciativa organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Artesanía e Deseño.

O recital estará protagonizado polo grupo Manseliña, que presentará o espectáculo “Don Tristán o namorado fez esta cantiga. Lais de Bretaña galego-portugueses”. O concerto comezará ás 20.00 horas.

Sobre o escenario participarán María Giménez, encargada da voz, percusión tradicional e fídula; Tin Novio, ao laúde; Pablo Carpintero, nos aerófonos e percusións; Araceli Fernández, na voz e percusión; Eva Novio, tamén na voz; e Manuel Vilas como recitador.

A proposta achegará ao público os sons e textos da tradición medieval galego-portuguesa nun espazo histórico como o Mosteiro de Samos, combinando música, poesía e instrumentos de época nunha experiencia cultural centrada no patrimonio musical medieval.

0.10218691825867