Samos acollerá unha xornada do programa “A Administración cerca de ti” para facilitar trámites dixitais

O Concello de Samos acollerá o vindeiro 23 de febreiro de 2026, ás 10.30 horas, unha xornada do programa “A Administración cerca de ti”, unha iniciativa destinada a achegar os servizos da Administración pública á cidadanía e facilitar a realización de trámites habituais.
A actividade, que se desenvolverá na Casa do Concello, permitirá ás persoas asistentes resolver dúbidas administrativas e recibir asesoramento para a obtención do certificado dixital e do sistema Cl@ve permanente, co obxectivo de mellorar o acceso aos servizos electrónicos das administracións públicas.
Este programa enmárcase nas accións de modernización e dixitalización da Administración, promovidas polo Goberno de España, coa colaboración das entidades locais, para garantir unha atención máis próxima, accesible e adaptada ás necesidades da poboación.