O Goberno local de Samos organiza unhas xornadas lúdicas con xogos e música tradicional

O próximo sábado 18 de abril, desde as 10.00 ata as 20.00 horas, Samos celebrará unhas xornadas lúdicas nas que veciños e visitantes poderán participar en xogos de rol, xogos de mesa, wargame e Magic, ademais de gozar de música tradicional.
O evento terá lugar no baixo cuberto do campo da Festa, un espazo pensado para acoller a todas as actividades programadas.
Ademais, as xornadas contarán coa presenza da Furgoteca, que permitirá ampliar a oferta de actividades e facer desta cita unha xornada de lecer variada e accesible para todas as idades.