Samos avanza no seu plan de desbrozamentos coa mellora dos accesos en Praducelo

SarriaXa
O Concello continúa executando actuacións de mantemento en parroquias e núcleos do municipio para reforzar a seguridade viaria e o coidado da contorna
roza-Praducelo-Samos
18 Jul 2026

O Concello de Samos continúa desenvolvendo o seu plan de desbrozamentos co obxectivo de mellorar o estado das zonas verdes e das vías de comunicación en todas as parroquias e lugares do municipio. Estas actuacións forman parte dos labores periódicos de conservación e mantemento que o Goberno local leva a cabo ao longo do ano para garantir unhas infraestruturas máis seguras e unha contorna máis coidada.

Nesta ocasión, os traballos centráronse na aldea de Praducelo, onde se realizou a roza da vexetación existente nas marxes dos camiños e accesos, así como na contorna da igrexa da localidade. A actuación permitiu mellorar a visibilidade e facilitar o tránsito tanto dos vehículos como das persoas residentes.

Coa intervención melloráronse especialmente os accesos ás vivendas situadas neste núcleo e o espazo situado diante da igrexa, contribuíndo a incrementar a seguridade viaria e a ofrecer unha imaxe máis ordenada da contorna. Ademais, a eliminación da maleza axuda a reducir o risco de incendios durante os meses de maior calor e favorece o correcto mantemento dos espazos públicos.

Desde o Concello destacan que este plan de desbrozamentos continuará nas vindeiras semanas noutras parroquias e lugares de Samos, co propósito de atender as necesidades da veciñanza e manter en boas condicións a rede viaria e os espazos públicos de todo o municipio.

0.11412501335144