Samos celebra o Samaín con diversas actividades este venres, 1 de novembro

SarriaXa
Así, terá lugar no campo da festa na parte cuberta, a partir das 17.00 horas, cando empezará o Samaín infantil cun pintacaras terrorífico
Samaín-Samos
29 Out 2024

A Asociación de Comerciantes e Artesáns do Concello de Samos, conxuntamente coa ANPA Ceip Samos, o Goberno local e a Deputación de Lugo, organizan para este venres, 1 de novembro, a Festa do Magosto.

Así, terá lugar no campo da festa na parte cuberta, a partir das 17.00 horas, cando empezará o Samaín infantil cun pintacaras terrorífico e ás 17.30 horas terá lugar o contacontos ‘Brais das Hortas’ e a Furgoteca.

Xa ás 19.00 horas terá lugar a merenda diabólica e comezarán os tambores a asar castañas. Ás 19.15 horas actuará o grupo de música tradicional Sureños de Lugo e ás 19.45 horas farao o grupo de música tradicional Foliada de Bosende.

Pola súa parte, ás 20.45 horas terá lugar unha degustación das castañas do magosto popular e volverán actuar os grupos tradicionais, rematando a festa ás 22.00 horas.

0.16658687591553