Samos é o primeiro destino do programa da promoción da castaña do GDR Ribeira Sacra – Courel

SarriaXa
Samos é a primeira parada do Destino Courel este mes de novembro.
GDR Ribeira Sacra
31 Out 2023

Samos é a primeira parada do Destino Courel este mes de novembro. A iniciativa, que pretende impulsar a zona con actividades gratuítas para todos os públicos, chega o mércores 1 de novembro ao campo da festa do Concello.

O programa comezará ás 17.30 horas cunha serie de obradoiros dirixidos aos cativos e cativas, como pintacaras ou cociña creativa. A partir das 19.00 horas terá lugar un showcooking e degustación de produtos do Destino Courel, como mel, castaña, queixo e porco celta.

A xornada concluirá coa celebración dun magosto acompañado dunha actuación musical a partir das 20.00 horas. Trátase dunha iniciativa organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra – Courel coas que pretenden promover a castaña e que se organizará en en catro localizacións do Courel.

destino_courel_magosto_samos
0.14474511146545