Samos organiza unha saída cultural a Santiago para asistir a "A Gaivota. Ensaio aberto"

SarriaXa
A actividade permitirá asistir á nova produción do Centro Dramático Galego o domingo 4 de outubro cun servizo de autobús desde a Casa do Concello
A-Gaivota.-Ensaio-aberto
13 Sep 2026

O Concello de Samos organiza unha saída cultural a Santiago de Compostela para asistir á representación de "A Gaivota. Ensaio aberto", unha innovadora produción do Centro Dramático Galego inspirada no clásico de Antón Chéjov. A actividade terá lugar o domingo, 4 de outubro, e está aberta a todos os públicos, con prazas limitadas.

O espectáculo mestura teatro e realidade para abordar cuestións relacionadas coa creación artística, os soños, o amor e o papel das mulleres na escena e na sociedade.

Para facilitar o desprazamento, o Concello habilitará un autobús con saída ás 14.05 horas desde a Casa do Concello de Samos. A organización pide puntualidade ás persoas participantes.

A función comezará ás 18.00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela e o regreso está previsto para as 19.45 horas aproximadamente.

O prezo da actividade é de 5 euros. As inscricións deberán realizarse presencialmente na Casa do Concello ata o 30 de setembro.

As prazas son limitadas, polo que será necesario formalizar a inscrición previamente.

0.15147089958191