Samos participa nunha iniciativa para reforzar a cooperación institucional no rural

A coordinación entre administracións e a busca de solucións compartidas para os desafíos do rural centraron a primeira reunión do Grupo de Acción de Diálogo e Cooperación coas Administracións Públicas, na que participou a alcaldesa de Samos, Chus López.
O encontro enmárcase na Alianza para un Territorio Rural Resiliente, unha iniciativa liderada pola Fundación Juana de Vega que busca impulsar a colaboración entre os distintos axentes implicados no desenvolvemento do territorio.
Durante a sesión, os participantes traballaron na identificación de cuestións prioritarias que precisen acordos, coordinación ou cooperación institucional, así como na definición de medidas concretas que permitan avanzar na súa resolución.
A iniciativa mantén aberto o prazo de adhesión tanto á Alianza como aos seus grupos de acción. As persoas e entidades interesadas poden consultar a información e os mecanismos de participación na páxina web foroterritoriorural.gal/alianza.