Samos presenta o cartel das súas festas do San Benito

SarriaXa
O sábado haberá churrascada e pancetada a partir das 21.30 horas, seguido de verbena amenizada polo Trío Café Olé
fogos-artificiais-festas-patronais
Imaxe recurso
7 Xul 2024

Samos presenta o cartel das súas festas do San Benito que celebran os próximos 13 e 14 de xullo. O sábado haberá churrascada e pancetada a partir das 21.30 horas, seguido de verbena amenizada polo Trío Café Olé a partir das 22.00 horas, Ruth Cundins e Charanga Louband.

Para o domingo 14, haberá e pasacalles ás 11.30 horas da man da Banda de Música da Comarca de Sarria, e concerto da mesma na praza do Concello. Ás 14.00 comezará a sesión vermú coa orquesta Salsarena. Pola tarde contarase co servizo da Furgoteca, para os máis pequenos, de 16.00 a 20.00 horas e dende as 18.00 horas poderán gozar da obra De Vilatriste a Vilalegre do Centro Dramático Galego. Xa pola tarde, os asistentes poderán gozar do pase de tarde con Salsarena a partir das 20.30 horas e, posteriormente, será a verbena amenizada por Salsarena e Dúo Caché.

san_benito_samos
0.16522693634033