Samos recibirá en febreiro a visita da Furgoteca con dúas rutas por varias parroquias

SarriaXa
A biblioteca móbil da Xunta de Galicia achegará libros e actividades culturais a distintos núcleos do municipio os días 4 e 17 de febreiro
Furgoteca Xunta
2 Feb 2026

O municipio de Samos contará durante o mes de febreiro coa presenza da Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, que percorrerá distintas parroquias e lugares do concello en dúas xornadas diferentes co obxectivo de facilitar o acceso á lectura e aos recursos culturais á veciñanza.

A primeira visita terá lugar o día 4 de febreiro, correspondente á ruta 2 do servizo, cun itinerario que comezará ás 10:50 horas en San Román de Lousada e continuará ás 11:10 horas na igrexa de San Martiño de Lousada. Posteriormente, a furgoteca desprazarase a Samos, na avenida de Compostela, onde permanecerá entre as 11:40 e as 12:40 horas. A ruta proseguirá ás 13:00 horas en San Cristovo de Lóuzara e ás 13:40 horas en San Martiño do Real. A continuación, visitará Lusío ás 14:05 horas. Arredor das 14:30 horas fará parada en Renche e pechará o percorrido en Castroncán, onde estará entre as 15:00 e as 15:30 horas.

A segunda xornada desenvolverase o día 17 de febreiro, dentro da ruta 1 do programa, e estará centrada en espazos do propio núcleo de Samos. A furgoteca iniciará a súa actividade ás 11:00 horas na Casa Niño Faragulla. Posteriormente, trasladarase ao Campo da Feira, onde atenderá primeiro en Contacontos entre as 12:30 e as 13:30 horas e, a continuación, permanecerá no mesmo emprazamento de Samos entre as 13:30 e as 15:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.080719947814941