Samos será o escenario da cultura este sábado coa festa dos Maios e o Día das Letras Galegas

SarriaXa
O escenario será a Praza Vergara Vilariño, punto de encontro para veciños e visitantes nunha tarde que se prevé chea de música, tradición e participación familiar
Concello-de-Samos-praza-Fiz-Vergara
15 May 2025

Este sábado, 17 de maio, o Concello de Samos celebrará unha xornada cultural que mestura dúas das tradicións máis arraigadas en Galicia: a festividade dos Maios e o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á Poesía Popular Oral.

O escenario será a Praza Vergara Vilariño, punto de encontro para veciños e visitantes nunha tarde que se prevé chea de música, tradición e participación familiar.

As actividades comezarán ás 18:00 horas cun obradoiro dirixido a todos os nenos e nenas, onde se fusionará a celebración dos Maios co espírito da música e da cultura galega, ofrecendo un espazo lúdico e educativo para os máis pequenos. Será unha oportunidade para achegarse ás raíces, descubrir os símbolos florais desta festa ancestral e participar activamente na creación colectiva.

Xa ás 20:00 horas, a Banda de Música da Comarca de Sarria poñerá a nota solemne e festiva cunha actuación especial que inclúe un repertorio tradicional preparado expresamente para esta ocasión, honrando tanto a primavera como a forza da palabra oral na nosa lingua.

⚙ Configurar cookies
0.14885902404785