San Cristobo de Lóuzara celebrará as festas do Corpus Christi os días 29 e 30 de maio

A parroquia de San Cristobo de Lóuzara, no municipio de Samos, celebrará os días 29 e 30 de maio de 2026 as súas tradicionais festas do Corpus Christi cun amplo programa de actividades relixiosas e musicais.
Os festexos comezarán o venres 29 cunha pancetada para todos os asistentes a partir das 21.30 horas. A continuación, celebrarase a festa e verbena amenizada polo Dúo Son de Festa.
Xa o sábado 30 terá lugar a misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú coa charanga Os Sureños de Lugo. Pola tarde, desde as 19.00 horas, continuará a animación musical coa mesma charanga.
A verbena nocturna dará comezo ás 00.00 horas e estará a cargo do Trío Vaiben, encargado de poñer o broche final a dúas intensas xornadas festivas en San Cristobo de Lóuzara.