San Cristovo de Cancelo celebrará as súas festas o 25 de xullo con música, inchables e cea popular

SarriaXa
A parroquia de Triacastela homenaxeará ao seu patrón cunha xornada que combinará actos relixiosos, animación infantil e festa ata a noite
Cancelo-Triacastela
24 Jul 2026

A parroquia de San Cristovo de Cancelo, no concello de Triacastela, celebrará o 25 de xullo as súas festas patronais cun programa pensado para todas as idades, no que non faltarán os actos relixiosos, a música en directo e actividades para o público infantil.

A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa solemne, á que seguirá a tradicional sesión vermú, amenizada polo Trío Merengue.

Os máis pequenos poderán desfrutar de inchables gratuítos durante a sesión vermú e, posteriormente, a partir das 18:30 horas, nunha iniciativa destinada a favorecer a participación das familias nas celebracións.

A programación continuará pola noite coa cea popular, prevista para as 21:30 horas, que tamén estará amenizada polo Trío Merengue, encargado de poñer o broche musical á festa.

0.11437487602234