San Salvador de Toldaos celebrará as súas festas os días 5 e 6 de xuño de 2026 con música, pancetada e verbena

SarriaXa
A parroquia de Triacastela homenaxeará o Corpus Christi cun programa festivo que contará coa Charanga Los Támega, o dúo La Ola e o Grupo Alba
fogos-artificiais-festas
31 May 2026

San Salvador de Toldaos, no municipio de Triacastela, xa ten preparado o programa das súas festas na honra ao Corpus Christi, que se celebrarán os días 5 e 6 de xuño de 2026.

Os actos comezarán o venres 5 de xuño cunha pancetada popular ás 22.00 horas. A continuación terá lugar unha verbena amenizada pola Charanga Los Támega e o dúo La Ola, que serán os encargados de poñer a música á primeira noite festiva.

A programación continuará o sábado 6 de xuño cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da tradicional procesión. Despois celebrarase unha sesión vermú amenizada polo Grupo Alba.

Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena tamén a cargo do Grupo Alba, que pechará dous días de celebración en San Salvador de Toldaos.

0.10853004455566