San Vicenzo de Betote celebra esta fin de semana as súas festas patronais

SarriaXa
San Vicenzo de Betote, no concello de Sarria, celebra esta fin de semana as súas festas patronais os días 10 e 11 de setembro
Igrexa Betote
Igrexa Betote
8 sep 2022

A parroquia San Vicenzo de Betote no municipio de Sarria, organiza os días 10 e 11 de setembro as súas tradicionais festas.

O sábado haberá churrascada veciñal e verbena co grupo Alaska e o domingo celebrarase a habitual misa maior con procesión ás 12.00 horas e posteriormente terá lugar unha sesión vermú amenizada polo Dúo Xplosión.

Dende a parroquia convidan a tódolos veciños de Betote e das aldeas cercanas a acudir a unha xornada que estará chea de celebración, música e boa comida.

festas betote
0.15639805793762