Santalla de Alfoz prepara unha gran foliada para celebrar a festividade de San Adriano

A parroquia de Santalla de Alfoz, en Triacastela, ultima os preparativos para celebrar este sábado, 5 de setembro, a súa tradicional festividade na honra de San Adriano. A programación combina actos relixiosos, actividades familiares e unha ampla oferta de música e baile para prolongar a celebración durante toda a xornada.
Os actos comezarán ás 12:30 horas, cunha procesión desde a igrexa parroquial ata o campo da festa. Ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne, seguida, ás 13:30 horas, dun vermú amenizado polo Dúo Sonidos.
Xa pola tarde, ás 18:00 horas, os máis pequenos poderán gozar da visita da Furgoteca. Media hora despois, ás 18:30 horas, será a quenda da exhibición de baile a cargo da academia Magic Dance.
A partir das 21:30 horas celebrarase a cea campestre, que dará paso á festa rachada, amenizada polo Dúo Sonidos e El Dúo del Swing.
A organización anima veciños e visitantes a participar nunha xornada pensada para reunir a toda a comunidade arredor da música, a tradición e a convivencia.