Santiago de Barbadelo: unha parroquia tinguida de estilo románico

SarriaXa
Percorrido por Santiago de Barbadelo, unha parroquia do municipio lucense de Sarria tinguida de estilo románico
igrexa Barbadelo
igrexa Barbadelo
14 Ago 2022

As orixes desta pequena aldea do municipio de Sarria remóntanse ao século XI, cando foi fundado un monasterio mixto de monxes e monxas, algo moi novidoso para a época. Chegou a ser priorato da abadía de Samos ata que na época da desamortización pasou a ser parroquia.

Barbadelo dista uns tres quilómetros en dirección oeste do Concello de Sarria, cara Portomarín e Santiago. Situada en pleno Camiño de Santiago, localízase a uns 28 quilómetros ao sur de Lugo, a capital.

De feito baixo o mesmo tellado no que se atopa a sacristía, coa porta de entrada dende o atrio-cemiterio, hai unha dependencia que foi 'hospitalillo' para a acollida de peregrinos e que aínda hoxe conserva unha cocina alta e unha chimenea francesa.

A parroquia está formada por vinte dous entidades de población, constando vinte delas no nomenclátor do Instituto Nacional de Estatística español. Estas parroquias son: Abeledo, As Paredes, Baxán, Devesa (A Devesa), Loureiro, Marzán, Melle, Miralde, Monte (O Monte), Mosteiro (O Mosteiro), Pico (O Pico), Rañoá (A Rañoá), Rente, Sabenche, San Martiño, San Silvestre, Serra (A Serra), Surriba, Taíde, Vilar e Vilei.

Todos os seus monasterios (de tipo familiar) remataron por caer no ámbito de influencia do mosterio de Samos e perdida a súa independecia, só perdurou convertido en priorato o de Santiago de Barbadelo, convertendo aos restantes cenobios en igrexas parroquiais, ermidas ou capelas.

Como tal priorato mantívose dentro da órbita de Samos ata 1835 e a xurisdicción territorial que ata o de agora correspondera á Abadía de Samos, pasou no ano 1840 a formar parte do Concello de Samos como un enclave dentro do territorio sarriá. Non foi ata este ano, 1840, cando a parroquia de Barbadelo intégrase no Concello de Sarria.

PATRIMONIO

O seu monumento máis emblemático é a igrexa de Santiago de Barbadelo, de finais do século XII, moi rica en ornamentación e iconografía medieval, e que foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1980. (IMAGEN 1)

En Sarria, no Camiño de Santiago localízase esta fermosa igrexa adicada ao mesmo Apóstol que conserva parte da súa orixinalidade románica aínda que no século XVIII, substituiu a súa ábside orixinal por outra de formas rectangulares. O que si mantén moi ben conservados, son os muros norte e occidental, destacando neles sendas portadas decoradas.

Da fachada resalta o antigo torreón de planta cuadrada. A portada, tamén de orixe románico amósase algo alterada, observando as simetrías rectas das reformas posteriores. Destacan os capiteis das columnas decoradas con motivos antropomorfos e de animais. No tímpano presenta unha curiosa pedra labrada decorada cun sillar e sobre ela, represéntase unha estraña figura.

É probable que estas pezas pertenceran a un templo anterior sobre o que se asenta a igrexa de Santiago de Barbadelo. Xa no interior, un retablo barroco preside o altar, cuxa figura máis representativa é a do Apóstol.

Xunto á igrexa parroquial atópase un edificio coñecido como o mosteiro, que xa dende o século XVI estaba aforado por particulares e logo de ser adquirido no período da desamortización pola familia Pérez Batallón, foi vendido no século XX a uns labregos.

Cara o sur da igrexa, no lugar de Sorriba, atópase outro edificio coñecido como O Priorato ou A Portería, que era o punto onde residían os monxes de Samos encargados de administrar o Priorato e algunha casas anexas (parroquias de Albán, Barbadelo, Piñeiro e parte de Maside). Dentro deste edificio atopábase unha capela adicada a San Froilán.

Foi despois do proceso desamortizador cando Barbadelo se incorporou á Diócese de Lugo, xa que coma o resto de parroquias dependentes da abadía de Samos, formou parte da xurisdicción case episcopal dos abades de Samos. Posteriormente pasou a ser adquirida por un particular que está procedendo á súa restauración.

Probablemente sexa a súa torre o elemento máis emblemático do edificio, cunha inusual arquitectura. Álzase sobre o chaflán noroeste do templo compartindo os seus muros como lenzos.

En cada un dos tres muros da nave ábrese unha portada. A sur, actualmente cegada é tan só vestixio. No muro norte, próxima á sacristía adosada, temos a portada septentrional. É de medio punto dovelado e está decorada con chambrana con motivos de sogueado e esquinillas. O tímpano rechéase cun dintel levemente pentagonal sen decoración e varios bloques de granito. O seu medio punto apea por medio de ábacos decorados en sendos capiteis e as súas respectivas columnas. A decoración amosa sendos leóns enfrontados na esquina libre da nosa esquerda, mentres que no lado oposto hai unha simboloxía máis sofisticada: en cada unha das súas caras vemos dúas serpes con cabeza de dragón cuxos corpos amósanse enrolados. As cabezas exteriores aparecen comendo froitos vexetais mentres que as que se orientan ao ángulo libre do capitel, parecen beber dun cáliz.

Na fachada oeste atopamos a portada mellor tratada do templo. Sitúase nun corpo levemente avanzado rematado por unha parte de granito orlado e axedrezado, que se sustentaba con canecillos decorados, dos que quedan algunhas mostras. Posúe tres arquivoltas, dous de borde liso e unha de menor tamaño intermedia que apea en pilastra e está decorada con pequenos bezantes. As outras dous apéanse en columnas acodilladas provistas de dúas parexas de basas e capiteis decorados.

igrexa Barbadelo 2
igrexa Barbadelo 4
0.16937112808228