Santiago de Saá celebra as súas festas patronais do 24 ao 26 de xullo cun amplo programa

SarriaXa
A parroquia do Páramo acollerá churrascadas, verbenas e misas solemnes durante tres días de celebracións en honra ao Apóstolo Santiago
Xuntanza-Saa-OPáramo
22 Jul 2026

A parroquia de Santiago de Saá, no concello do Páramo, prepárase para celebrar as súas festas na honra ao Apóstolo Santiago os días 24, 25 e 26 de xullo cun completo programa de actividades relixiosas e musicais para todas as idades.

O programa festivo dará comezo o venres 24 de xullo cunha churrascada popular a partir das 22.00 horas, amenizada pola actuación da charanga Louband e a música de DJ Min.

O sábado 25, Día do Apóstolo, celebrarase unha misa solemne ás 13.00 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú a cargo da Orquestra SuperStar. Pola noite, a mesma formación será a encargada de poñer a música á festa e á verbena.

As celebracións concluirán o domingo 26 de xullo coa misa solemne ás 13.00 horas, seguida da procesión acompañada polos Gaiteiros de Goián e dunha sesión vermú amenizada polo Grupo Rubí. A programación pecharase cun tardeo, tamén a cargo do Grupo Rubí.

0.11675000190735