Sarria Acendida despedirá a súa programación cunha xornada de música na Praza de Abastos

SarriaXa
A cita será o sábado 12 de decembro, con actuacións desde as 13:00 horas, pinchos de balde e un encontro especial ás 17:30 horas para celebrar o vivido durante estes meses
Praza-de-Abastos-de-Sarria
26 Nov 2026

O programa de Sarria Acendida chegará ao seu remate o sábado 12 de decembro cunha xornada de música en directo, cultura e convivencia na Praza de Abastos. A actividade reunirá diferentes propostas musicais ao longo de toda a xornada, con entrada de balde.

A programación comezará ás 13:00 horas coa actuación de Lorena Doval, á que seguirán Carmela, ás 14:30 horas; Por Vir, ás 16:00 horas; e Lioness Treasure, ás 19:00 horas. Ás 20:45 horas será a quenda de Ryu e Saha, mentres que Javi Metals pechará as actuacións ás 22:30 horas. A xornada contará tamén coa presenza de Tenderete Maricarme.

Un dos momentos destacados será ás 17:30 horas, coa proposta "O que acendemos xuntas", un espazo para compartir o vivido durante estes meses e celebrar todo o construído colectivamente no marco de Sarria Acendida.

Ademais, as persoas asistentes poderán desfrutar de pinchos de balde e dun servizo de barra a cargo do bar Xarope. A iniciativa está impulsada polo Concello de Sarria, a través da súa área de Cultura, e conta co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

0.13424801826477