Sarria achega a astronomía ao público cun encontro sobre a eclipse total do 12 de agosto

O Concello de Sarria promove unha nova actividade divulgativa centrada na astronomía coa organización dun encontro co astrónomo sarriao Borja Tosar, quen ofrecerá unha explicación detallada sobre a eclipse total previsto para o 12 de agosto. A cita terá lugar o venres 24 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura.
Durante a sesión, o especialista achegará ao público asistente as claves para comprender este fenómeno astronómico, considerado un dos máis impactantes que se poden observar, e proporcionará información práctica sobre as mellores condicións e localizacións para o seu seguimento.
O evento está aberto a todas as persoas interesadas en descubrir máis sobre o universo e contará, ademais, cunha sorpresa preparada pola organización para quen asista ao encontro. A proposta busca fomentar o interese pola ciencia e ofrecer unha oportunidade única para coñecer de primeira man os detalles dun acontecemento natural de gran relevancia.