Sarria acolle a presentación da novela ‘Utreia’, de Francisco Narla, na Biblioteca Municipal Camilo Gonsar

O Concello de Sarria organiza este venres, 24 de abril ás 20.00 horas, a presentación da novela Utreia, do recoñecido autor Francisco Narla, nun acto que terá lugar na Biblioteca Municipal Camilo Gonsar.
A obra sitúa o lector nas orixes do Camiño de Santiago, ofrecendo unha proposta narrativa de gran interese histórico e literario. O encontro preséntase como unha oportunidade para achegarse á creación literaria contemporánea e coñecer de primeira man o proceso creativo do autor.
A cita está aberta ao público ata completar a capacidade do espazo, favorecendo así a participación da veciñanza e o acceso á cultura.
Con esta iniciativa, o Concello de Sarria continúa a promover actividades culturais que dinamizan a vida social do municipio e fomentan o hábito lector entre a cidadanía.