Sarria acolle a presentación do libro 'La sospecha eterna' de Pablo Alaña

SarriaXa

Pablo Alaña presenta a súa primeira obra 'La sospecha eterna' na Librería Lago de Sarria o vindeiro venres, 30 de decembro, en dúas quendas: pola mañá, ás 11, e pola tarde, ás 18.

29 dic 2022

Pablo Alaña presenta a súa primeira obra 'La sospecha eterna' na Librería Lago de Sarria o vindeiro venres, 30 de decembro, en dúas quendas: pola mañá, ás 11, e pola tarde, ás 18.30 horas.

Os asistentes que queiran coñecer o autor da obra de intriga que foi galardoada co Premio Valencia Nova 2022, tamén poderán levarse un exemplar firmado.

Premio Valencia Nova

'La sospecha eterna' obtivo o Premio València de Narrativa en castelán 2022 que concede a Institució Alfons o Magnànim.

Esta novela é de temática negra en estado puro que, segundo o xurado, "mantén a intriga e xera sorpresa nos lectores a través dunha trama que supón unha viaxe ás entrañas do sistema xudicial".

A obra

'La sospecha eterna' é unha novela de avogados, pero non só para eles. É un thriller do que se chamou domestic noir, unha novela centrada no mal que atopamos na vida cotiá, cunha investigadora non profesional, Clara Caballero, que non é policía nin detective, senón avogada e amiga da principal sospeitosa de cometer un crime.

O marido de Irene, a sospeitosa, atópaa no xardín da súa casa xunto a un cadáver e tratando de esconder un coitelo, a arma do crime. Ademais, seis anos antes a Irene xa se lla relacionara coa morte da súa parella.

De modo que Clara Caballero, máis que defender á súa clienta, terá que dar co asasino e desentrañar se detrás de ambos os casos está a mesma man negra.

O autor

Pablo Alaña (Castelló da Plana, 1991) vive desde os oito anos na cidade de Santander, onde traballa como avogado especialista en dereito mercantil e dereito penal.

Publicou dous monografías de temática xurídica e dedica parte do seu tempo libre á súa auténtica vocación: a escritura.

As situacións que se expoñen na novela pertencen enteiramente á ficción, aínda que considera que a súa experiencia como avogado axudouno a construír algunhas escenas cun maior grao de realismo.

O libro, que saíu o pasado 7 de novembro, vai xa pola súa terceira edición, polo que Alaña está moi ilusionado por todos os actos en que se acolle a presentación da súa novela, como o que se vai celebrar en Sarria, que anunciou nas súas redes sociais.