Sarria acolle a presentación do libro 'Teatro. Tres obras en lingua galega' de Yolanda Díaz Gallego

A Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar de Sarria acollerá este xoves, 13 de agosto, a presentación do libro Teatro. Tres obras en lingua galega, da autora Yolanda Díaz Gallego. O acto celebrarase ás 20.00 horas e converterase nunha nova oportunidade para achegarse á literatura e ao teatro escritos na lingua galega.
A publicación reúne tres pezas teatrais creadas por Yolanda Díaz Gallego, nun volume que aposta pola difusión da dramaturxia galega e pola promoción da creación cultural en lingua propia.
No encontro participarán, ademais da autora, Reyes Abella e Suevia Rodríguez Díaz, que acompañarán a presentación e compartirán co público reflexións arredor da obra e do panorama teatral galego.
A cita está aberta ao público e enmárcase na programación cultural que promove a Biblioteca Camilo Gonsar, consolidada como un dos principais espazos para o fomento da lectura e da actividade literaria en Sarria.