Sarria acolle este verán o campamento urbano Sarriaconcilia 2021
Chega a Sarria o campamento urbano de conciliación Sarriaconcilia2021. O campamento levarase a cabo do 28 de xuño ao 6 de setembro en horario de 7:30h a 14:30h e vai dirixido a nenos e nenas de entre 4 a 12 anos. Cada quincena disporá de 90 prazas e celebraranse 5 durante ese tempo, polo que o campus está pensado para 450 nenos e nenas. O prezo será de 8,86 euros por cada quincena.
A incrición pódese facer entre o 25 de maio e o 5 de xuño, de luns a venres no Ceip Frei Luis de Granada, de 7.30 a 9.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas, así como por Anpas ou no correo xunt@sreescribimosoguion@gmail.com. Unha vez rematado o prazo, o día 10 de xuño, chamarase por teléfono aos que foron admitidos. Trala confirmación da praza, haberá que entregar un xustificanate de traballo así como a inscrición.
En canto ao campamento, hai a opción de poder elexir entre dous modelos. Por unha parte, unha cun 30% de obradoiros, un 60% de deportes e un 10% de igualdade e outra, cun 60% de obradoiros, un 30% de deporte e un 10% de igualdade.
O programa do campamento conta con actividades deportivas coma fútbol, fútbol sala, baloncesto, zumba, ciclismo, actividades acuáticas, etc; así coma excursións por toda a vila, facendo o camiño de Santiago ou subindo a feira. Así mesmo, tamén se traballarán conceptos educativos e valores a través de xogos, obradoiros e dinámicas.