Sarria acolle o proxecto de Movilidad Segura e Sustentable no Camiño de Santiago

SarriaXa
A Fundación RACE estará en Sarria, na chaira do parque do Chanto, ata o domingo 24 de outubro presentando o proxecto de Movilidad Segura.
cartel mobilidade segura portada
cartel mobilidade segura portada
23 Out 2021

A Fundación RACE estará en Sarria, na chaira do parque do Chanto, ata o domingo 24 de outubro presentando o proxecto de Movilidad Segura e Sustentable no Camiño de Santiago.

Durante o día de hoxe, sábado 23, e mañá, domingo 24, desenvolverán actividades relacionadas coa seguridade viaria senior, a sustentabilidade, o medio ambiente, os vehículos ecolóxicos ou a reciclaxe.

Unha das actuacións que se levarán a cabo será o emprego dos SRI. A través de esta actividade, mostraranse os aspectos máis importantes a ter en conta para realizar desprazamentos con seguridade. Neste caso, destacarase o colectivo sénior. Así pois, un monitor especializado fará demostracións prácticas no vehículo.

Ademais, tamén se contará cun vehículo ecolóxico exposto, no que se ensirán as diferentes características tanto a nivel enerxético como a nivel medio ambiente e seguridade.

cartel mobilidade segura
0.15960192680359