Sarria acolle un Concurso de Baile na praza da Vila este martes, 25 de xuño

SarriaXa
O baile estará amenizado pola música da Banda de Música de Sarria e Lolo Castro
concurso-de-baile-sarria-san-xoán
concurso-de-baile-sarria-san-xoán
24 Xuño 2024

Este martes, 25 de xuño, Sarria acollerá durante o seu último día de actividades no marco das súas festas patronais e de San Xoán, un concurso de baile a cargo de Ensinanzas Creativa Sarria.

Desta maneira, todas as persoas que queiran poderán participar do concurso, xa que é aberto a todos os públicos na praza da Vila a partir das 20.30 horas, aínda que as parellas interesadas en inscribirse deberán facelo chamando ao 677 019 717.

Este concurso, ademais, contará coa música en directo da Banda de Música de Sarria e Lolo Castro, que amenizará a xornada, igual que o fixo a Banda no pregón, o 21 de xuño, e no pasarrúas que se desenvolveu nesta mañá.

0.15832781791687