Sarria acolle unha ampla e variada programación de actividades culturais este mes de maio

SarriaXa
As propostas, que abarcan desde exposicións e feiras ata concertos, teatro e actividades infantís, desenvolveranse en diferentes espazos do municipio
Casa-da-Cultura-Sarria
7 May 2025

Durante o mes de maio, o Concello de Sarria organiza unha ampla e variada programación de actividades culturais, lúdicas e festivas dirixidas a todos os públicos.

As propostas, que abarcan desde exposicións e feiras ata concertos, teatro e actividades infantís, desenvolveranse en diferentes espazos do municipio.

O xoves 8 de maio, ás 17:30 horas, a Casa da Cultura acollerá unha nova sesión do Club de Lectura Infantil. O venres 9 comezan as actividades programadas por Peleriños: ás 18:30 horas terá lugar na Rúa da Liberdade a Mostra das Pandeireteiras dos Venres. As actividades do sábado 10 concentraranse no Buril de Sarria, cun obradoiro de canto e pandeireta (con inscrición previa) ás 18:30 horas, un faladoiro coas pandeireteiras do Alpendre ás 19:30 horas e concertos das pandeireteiras do Alpendre, Murga e foliada libre ás 20:00 horas.

Durante a fin de semana do 10 e 11 de maio celebrarase a Feira de San Isidro, que terá lugar durante todo o día no Campo da Feira.

O martes 13, ás 18:30 horas, na Praza da Vila desenvolverase unha nova sesión de “Aulas na Rúa” para persoas adultas, organizada por Peleriños.

O xoves 15 terá lugar na Casa da Cultura o acto de entrega do Premio das Letras Galegas. Ao día seguinte, venres 16, ás 16:00 horas, celebrarase no Paseo do Malecón unha edición infantil de “Aulas na Rúa” de Peleriños, e ás 19:30 horas, na Casa da Cultura, ofrecerase un concerto polas Letras Galegas a cargo de Clarisaxos e a Mini Banda da ESMUSA.

O sábado 17, ás 17:00 horas, a Casa da Cultura acollerá a obra de teatro “De Castro a Villalta” e o domingo 18 celebrarase o evento “Movendo os Marcos” en O Meigallo, desde as 12:00 ata as 20:00 horas.

O xoves 22 repetirase o Club de Lectura Infantil na Casa da Cultura, ás 17:30 horas, e o venres 23, tamén na Casa da Cultura, presentarase o libro Antes pasábase por aquí de Sonia Arias, ás 20:00 horas.

Finalmente, o sábado 24, ás 19:00 horas, a Sociedade A Unión será o escenario do acto polo Día das Letras Galegas organizado por Sarricanta, no que participarán a Banda Municipal do Concello de Sarria, Teatro Rebuldeira, Cantareiros da Unión e os propios organizadores, Sarricanta.

Ademais, ata o 28 de maio pódese visitar a exposición Estados Emocionais de Mercedes Freixo, que se atopa na antiga prisión preventiva.

Con esta variada programación, o Concello de Sarria aposta firmemente pola cultura e o lecer para dinamizar a vida do municipio durante todo o mes de maio.

⚙ Configurar cookies
0.14967179298401