Sarria acolle unha intensa programación cultural nas vindeiras semanas

Sarria mantén durante o mes de maio unha ampla axenda cultural con propostas dirixidas a públicos diversos, que inclúen desde encontros literarios e concertos ata actividades formativas e espectáculos infantís.
A programación continúa o 14 de maio cun obradoiro de escrita impartido por María Casar na Biblioteca. Ao día seguinte, o 15 de maio, a Casa da Cultura acollerá un concerto no que participarán a Minibanda, Clarixos e o Coro de Linguaxe Musical da ESMUSA. O 16 de maio será a quenda da proposta “Begoña Caamaño Tecedora de Historias”, tamén na Casa da Cultura, mentres que o 17 de maio se celebrará o Festival das Letras Galegas na Unión.
A formación terá protagonismo con varias sesións do curso de iniciación ao mundo dixital no Cemit, programadas para os días 18, 20, 25 e 27 de maio. O 22 de maio presentarase o poemario Réquiem na Biblioteca, e o 24 de maio desenvolverase na Casa da Cultura a actividade “Risas con perspectiva feminista”. Xa o 29 de maio, a Biblioteca acollerá a presentación da novela El gran E-Dok e unha audición do Conservatorio Cantiga. Pechará a programación o 31 de maio cunha mostra de fin de curso infantil de Peleiriños en Manán.