Sarria acolle unha actividade de contacto coa natureza organizada por Crearte

SarriaXa
A actividade inclúe limpeza do río e paseo meditatio guiado polo bosque
limpeza-río-Crearte-Sarria
22 Dec 2025

A Asociación Crearte de Sarria organiza o domingo 27 de decembro unha mañá de contacto coa natureza, destinada a fomentar o coidado do entorno e o benestar das persoas participantes.

As actividades comezarán ás 10.30 horas cunha limpeza do río, e continuarán a partir das 12.00 horas cun paseo polo bosque acompañado dunha meditación guiada por Yésica Ríos.

Esta iniciativa busca concienciar sobre a importancia de preservar o medio ambiente, ao tempo que ofrece un espazo de relaxación e conexión coa natureza para veciños e veciñas de Sarria.

Ademais, pola tarde, ás 19.00 horas, proxectarase na Palleira un documental da directora palestina Alia Yunis, no que se fala sobre como o aceite de oliva deu forma á cultura, á gastronomía e á historia mediterráneas, a través de períodos de guerra e paz. "The golden harvest" é unha historia de 6.000 anos de idade na que a cineasta tenta comprender a profunda, e a miúdo problemática, relación entre as oliveiras e a xente da Palestina, incluído o seu propio pai.

⚙ Configurar cookies
0.072456121444702