Sarria acollerá a exposición e probas do Pastor Alemán os días 9 e 10 de maio

SarriaXa
O xefe de cría SV Bernd Weber e o xuíz Marcos López presidirán o evento no Campo de Rugby O Chanto, que inclúe Korung, Wesenstest, AD e Monográfica
EXPOSICION-MONOGRAFICA,-WESENSTEST,-KORUNG-Y-AD-(Resistencia)-SARRIA-XA
3 Apr 2026

O municipio de Sarria, en Lugo, converterase o 9 e 10 de maio no epicentro da actividade cinolóxica en España coa celebración dunha completa exposición e probas do Pastor Alemán, organizada para afecionados e criadores de todo o país.

O evento contará coa presenza do xefe de cría SV,  Bernd Weber, quen, xunto con Marcos López, xuíz da SECPA, será responsable da avaliación dos exemplares tanto na monográfica como nas probas de Korung, Wesenstest e AD (resistencia). Ambos xuíces tamén formarán parte do Campionato Nacional de Cría 2026, reforzando a relevancia do encontro.

A cita terá lugar no Campo de Rugby O Chanto, en Sarria, un espazo preparado para acoller tanto a exhibición dos cans como as distintas probas de avaliación. Durante a exposición, os asistentes poderán observar de primeira man a calidade, temperamento e resistencia dos exemplares presentados, así como a meticulosidade do traballo dos xuíces.

As inscricións abriranse proximamente, e os organizadores animan a criadores e afeccionados a participar neste evento, que combina competición, adestramento e promoción da raza Pastor Alemán en España.

0.10271692276001