Sarria acollerá do 20 ao 22 de novembro a XIV Ruta 4x4 da comarca

SarriaXa
O Concello de Sarria e Os Carro x Catro Sarria organizan tres xornadas de actividades para vehículos todoterreo, motos, quads e buggies, cun percorrido pola comarca e probas de habilidade
XIII-Ruta-4x4-da-Comarca-de-Sarria-25
9 Nov 2026

O Concello de Sarria e Os Carro x Catro Sarria organizarán os días 20, 21 e 22 de novembro a XIV Ruta 4x4 da comarca de Sarria, unha cita que reunirá afeccionados aos vehículos todoterreo, motos, quads e buggies. A programación desenvolverase durante tres xornadas e combinará rutas, probas de habilidade e actividades de convivencia.

A primeira actividade terá lugar o venres 20 de novembro, ás 21:00 horas, coa recepción dos participantes, a entrega de documentación e os petiscos de benvida na terraza ou no Meigallo. O sábado 21, a xornada comezará ás 8:00 horas coa entrega de documentación e o almorzo, tamén na terraza ou no Meigallo. A saída da ruta está prevista para as 8:30 horas e, ás 14:00 horas, os participantes compartirán un xantar no pavillón de Triacastela. A fin da ruta será ás 20:00 horas e a programación continuará cunha cea no Campo da Feira de Sarria ás 22:00 horas.

O domingo 22 de novembro, as actividades comezarán ás 9:00 horas cun almorzo no polígono de O Morelle, onde tamén se desenvolverán, a partir das 9:30 horas, as probas de habilidade. A cita rematará cun xantar no Campo da Feira de Sarria ás 15:00 horas.

A participación está aberta a motos, quads, buggies e vehículos todoterreo que teñan a documentación en regra. A inscrición realizarase exclusivamente por internet, a través da páxina www.ccnorte.com, e o prazo permanecerá aberto ata o 18 de novembro. Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar con Tote no 627 939 448 ou con Manuel no 669 19 95 33.

A organización conta tamén coa colaboración dos concellos de Baralla, Becerreá, Láncara, Samos e Triacastela, ademais doutras entidades e institucións.

0.1435329914093