Sarria acollerá este martes o desfile de Papá Noel organizado polo Club Clásicos de Sarria

SarriaXa
A comitiva sairá da estación do tren ás 18:00 horas e rematará na Praza da Vila, cunha visita especial do Apalpador para a rapazada
Papá-Noel-e-o-Grinch-Sarria-Nadal
22 Dec 2025

O Club Clásicos de Sarria organiza este martes 23 de decembro un desfile de Papá Noel que percorrerá as rúas da vila nun ambiente festivo pensado para todos os públicos. A saída está prevista ás 18:00 horas desde a estación do tren e o percorrido finalizará na Praza da Vila, onde se concentrará a parte final do evento.

A xornada contará tamén coa presenza do Apalpador, que visitará Sarria para que todos os nenos e nenas poidan entregarlle as súas cartas e compartir un momento especial dentro das celebracións do Nadal.

Desde a organización sinalan que, debido á situación meteorolóxica destes días, informarán puntualmente de calquera posible cambio que poida afectar ao desenvolvemento do desfile.

⚙ Configurar cookies
0.064447164535522