Sarria acollerá unha actividade de xogo e convivencia para nenos e nenas con diversidade funcional

A Plataforma Diversa Infantil da Comarca de Sarria convoca a todas as persoas interesadas a participar nunha actividade de xogo e convivencia destinada a nenos e nenas con discapacidade e diversidade funcional, que será desenvolvida por Aula 10 Centro Psicopedagóxico y de Desarrollo Infantil.
A actividade celebrarase o martes 31 de marzo ás 18 horas na Casa da Cultura de Sarria, cunha duración aproximada de dúas horas. As prazas son limitadas e adaptadas ás necesidades específicas de cada participante. Para máis información e inscricións gratuítas, as persoas interesadas poden escribir a diversainfantil@gmail.com ou chamar ao 620 870 846.
Esta iniciativa está financiada integramente grazas á recadación obtida na masterclass solidaria de zumba organizada pola profesora de zumba, que tivo lugar no Concello do Incio.