Sarria creará varias bolsas de emprego para funcionarios interinos

Véñense de aprobar as bases para solicitar dúas prazas como funcionario interino no concello de Sarria. As vacantes que quedan sen cubrir son as de administrativo e tamén a de técnico de bibliotecario.
Os interesados en participar do proceso de selección, xa aberto, poden consultar os requisitos e presentar as súas solicitudes na páxina web do concello.