Sarria encheuse de festa esta fin de semana cos Cantos Pequenos de Taberna e o Entroido

SarriaXa
Os Cantos Pequenos de Taberna, organizados pola Asociación Peleriños e o Concello de Sarria, fixeron desfrutar a pequenos e maiores polas rúas e establecementos de Sarria durante a xornada do sábado.
Entroido Sarria 2024 2
8 Apr 2024

Os Cantos Pequenos de Taberna, organizados pola Asociación Peleriños e o Concello de Sarria, fixeron desfrutar a pequenos e maiores polas rúas e establecementos de Sarria durante a xornada do sábado.

A iniciativa, que contou cos nenos e nenas de Sarria, coa Banda de Música do Incio e a inclusión, por primeira vez, dos nenos da Asociación Val de Láncara, foi todo un éxito na que os nenos "pasárono moi ben e foi moi divertido", sosteñen desde a entidade lancaresa, que espera repetir o ano que vén.

Pola súa parte, outra das primeiras actividades organizadas pola área de Cultura do Concello foi a celebración do Entroido, aprazado dúas veces por mor da metereoloxía.

Así, durante toda a tarde desfilaron carrozas grupais, de centros escolares, persoas individuais e houbo, sobre todo, moitos veciños e veciñas que se achegaron para desfrutar desta actividade e non perder ningún detalle.

Premios do Entroido

Con respecto aos premios, a carroza gañadora do primeiro premio, dotado con 800 euros, foi para 'A túa cara sóname'; o segundo premio, de 600 euros, foi para 'Os pitufos chegan a Oural'; e o terceiro premio, dotado con 300 euros, foi para 'Antes e despois' do Ceip de Paradela.

Pola súa parte, a carroza gañadora, por valor de 800 euros, foi para 'A lenda dos Seurros' do centro educativo da Asunción; a segunda foi 'Xuntos somos máis', do centro educativo La Merced con 600 euros; a terceira foi 'Diversión Cósmica' da Escola Infantil Xela Arias, con 300 euros; e a cuarta foi 'Cores do Oribio', con 150 euros.

No caso dos participantes adultos individuais, 'Picaronas Sacapolvos' recibiron o primeiro premio de 150 euros e 'As vacacións de Mr. Bean por Galicia' recibiu o segundo, de 100 euros.

Pola súa parte, o premio á mellor música en directo recibiuno Avialae, cun valor de 200 euros; mentres que a 'Escudería' do Ceip Frei Luís recibiu un accésit pola carroza de 250 euros. Tamén, 'Voando vou' recibiu o premio a Comparsa máis animada de 50 compoñentes, con premio de 200 euros' e 'Ser vergoña' recibiu o premio a Comparsa máis animada de 4 a 50 compoñentes, con valor de 150 euros.

Por último, o participante máis animado foi o animador Marcos, da 'Lenda dos Seurros' ao que se lle premia con 60 euros e a mellor crítica de actualidade foi para 'A túa cara sóname' con valor de 60 euros. Ademais, para as carrozas de fóra da comarca, o Circo Troula foi galardonada con 400 euros e Aladín e a princesa recibiu un premio por 150 euros.

0.13986301422119