Sarria festexa o Samaín cunha verbena o 29 de outubro

SarriaXa
Sarria celebrará o Samaín neste ano 2021 cunha xornada de música e de ambiente festivo, o venres 29 de outubro.
verbena samain sarria portada
23 Out 2021

Sarria celebrará o Samaín neste ano 2021 cunha xornada de música e de ambiente festivo. Desta maneira, o Concello de Sarria colabora na verbena que se vai levar a cabo o venres 29 de outubro a partir das 22 horas.

As actuacións musicais levaranse a cabo nunha carpa que se instalará no campo da feira de Sarria e, dende a organización, animan a todos os veciños, veciñas e visitantes a acudir á cita.

Así pois, será o Combo Dominicano o encargado de comezar a xornada e, a continuación, pechará a verbena a disco móbil Glass. Dúas actuacións que traerán a Sarria unha noite amena, diferente e segura, que contará coas medidas sanitarias correspondentes.

verbena samain sarria
0.089031934738159