Sarria abre un novo prazo para os cursos de natación na piscina climatizada

SarriaXa
O Concello de Sarria informa que a piscina climatizada ten nova iluminación, composta por tecnoloxía LED para unha mellor visión.
piscina natacion
piscina natacion
25 oct 2021

O Concello de Sarria informa que a piscina climatizada ten nova iluminación, composta por tecnoloxía LED, que produce unha luz máis nítida, favorecendo a práctica das actividades deportivas acuáticas, ademáis de mellorar a seguridade dos usuarios e aumentar a eficiencia enerxética.

Por outra beira e, debido ás moitas solicitudes que se presentaron dende un primeiro momento, a área de Deportes do Concello, oferta os novos cursos: bebés, iniciación adultos, nenos e aquagym. Ademais, os centros escolares tamén contarán con máis cursos.

Para inscribirse neles, é preciso chamar ao número de teléfono 982 535 000, dende o día de hoxe -25 de outubro- ata o vindeiro mércores 27 de outubro. No caso de que existan máis solicitudes que prazas, celebraríase un sorteo o xoves 28 de outubro.

HORARIOS

Os horarios da piscina climatizada xa contan co seu horario habitual, de 8 a 12 horas pola mañá e de 17.30 a 21.30 horas pola tarde, de martes a venres. En canto aos sábados e aos domingos, abre pola mañá de 10 a 13 horas.