Sarria presenta o cartel do IV Rally de Regularidade “Vila de Sarria”

SarriaXa
A proba celebrarase os días 8 e 9 de maio con novidades na súa organización
Rally-Regularidad-Club-Clásicos-Sarria-2026
9 Apr 2026

O Club Clásicos Sarria deu a coñecer o cartel do IV Rally de Regularidade “Vila de Sarria” nun acto no que participaron representantes do Concello de Sarria, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia, entidades que colaboran na organización do evento.

A cita terá lugar os días 8 e 9 de maio, mentres que o prazo de inscrición abrirase o sábado 11 de abril. Desde o club animan aos afeccionados a reservar a data para unha fin de semana que volverá reunir aos apaixonados do motor clásico.

Como é habitual, o encontro comezará coa apertura do parque pechado no aparcadoiro do Campo do Río, punto no que se concentrarán os vehículos participantes. Neste espazo, os coches permanecerán expostos durante as dúas xornadas, facilitando que o público poida achegarse e observar de preto os distintos modelos que formarán parte da proba.

Aínda que o programa definitivo non está completamente pechado, a organización adianta que esta edición incorporará varias novidades respecto a anos anteriores. O club continúa traballando nos últimos detalles coa intención de ofrecer unha experiencia especial aos asistentes e participantes en Sarria.

0.11123514175415