Sarria presenta o seu programa cultural para o mes de xuño
O Concello de Sarria fixo público o seu programa cultural para o mes de xuño, que conta cun variado conxunto de actividades para todos os públicos.
As actividades deron comezo este sábado co mercadiño solidario e o concerto de óboe e saxofón ás 17.00 horas a casa da cultura.
O domingo será un día importante coas alfombras florais que se poderán ver na rúa Maior con motivo do Corpus.
Comezará o mes coas audicións da Escola de Música de Sarria durante esta primeira semana para culminar o venres coa presentación do poemario Novembro, de Pura Tejelo. Será ás 20.00 horas na casa da cultura. Ao día seguinte, a igrexa do Rosario, acollerá, ás 20.00 horas, unha Pangea coa Banda de Música da Comarca de Sarria e Abraham Cupeiro.
Continuará a programación o sábado 15, tamén ás 20.00 horas cun Encontro coa Coral Irmandade de Sarria na Sociedade A Unión.
Destaca tamén a presentación do poemario Unha casa onde vivir, de Inmaculada Núñez Núñez, gañadora do XXIII Premio Fiz Vergara Vilariño. Será o martes 18. ás 20.00 horas tamén na casa da cultura.
Previamente ao San Xoán, o xoves 20 haberá un concerto do Clarisaxos no paseo do Malecón, ás 20.15 horas, e teatro, Meixeverso, de Pablo Meixe, na casa da cultura, ás 21.15 horas.
O prato forte do mes son as festas de San Xoán, que desvelarán o seu programa en próximas datas.
Tamén, dentro da programación xeral, inaugurarase o espazo artístico A Sede, o domingo 23 ás 19.00 horas, na rúa Ramón Cabanillas.