Sarria presenta unha intensa programación cultural, formativa e festiva para o mes de xuño

Xuño chega cargado de actividade en Sarria: cultura, música, formación, tradición e lecer enchen a programación deste mes para que todas e todos poidamos desfrutar dunha ampla variedade de propostas ao longo de xuño.
A programación arrincou os días 2, 3, 4 e 5 de xuño coas Xornadas Xurídicas na Casa da Cultura e segue este sábado, 6 de xuño, co Mercado Solidario Malicounda Teranga e o domingo coa procesión do Corpus Christi, na que se poderán ver as alfombras florais de Sarria.
A música terá un papel protagonista ao longo do mes coas diferentes audicións da ESMUSA, previstas para os días 8, 9, 11 e 12 na Casa da Cultura. O día 16 terá lugar o Concerto dos Petapouco no Malecón, mentres que o 22 celebrarase o Concerto por San Xoán da ESMUSA na Praza da Vila.
Ademais, o día 15 celebrarase a Festa Fin de Curso da ESMUSA no Chanto, mentres que o 22 terá lugar a Actuación de Fin de Curso de Bailarte no Malecón.
As actividades formativas continuarán cos obradoiros Apps para desfrutar, programados os días 8, 15 e 17 de xuño na Aula Cemit, así como coas sesións O teu currículo dixital para a busca de emprego, previstas para os días 16, 18 e 23.
Entre as propostas culturais destaca unha nova edición de Simposios Salvaxes o día 10 na Biblioteca Pública; o espectáculo “Fai o teu teatro de sombras”, impartido por Yolanda Álvarez o día 14 na Casa da Cultura, así como os Simposios Salvaxes, organizados o día 10 na Biblioteca Pública.
Ademais, entre os días 23 e 26 desenvolverase a programación especial de San Xoán, cuxas actividades concretas poderán consultarse proximamente. A programación concluirá o día 27 coa celebración de Vibra Xoán, unha cita musical que contará coas actuacións de Mrs. Fine, The Rapants e Duendeneta DJs no Campo do Río.